Tedes ata o 20 de abril de 2022 para facer a inscrición na «Findecurta 2022», unha fin de semana para realizar unha curtametraxe e gañar 400 euros e/ou a súa participación na Semana de Cine de Lugo.

O certame cinematográfico comezará o 22 de abril ás 19.30 horas, cunha sesión informativa na Casa do Saber de Lugo, durante a que o coordinador este maratón, Bruno Máez, explicará ás persoas participantes os retos que deben cumprir as súas propostas audiovisuais, así como as características técnicas das curtas presentadas a concurso.

Os concursantes, agrupados en equipos ou de forma individual, disporán de máis de 80 horas para elaborar as súas respectivas curtametraxes, que deberán enviar antes das 10.30 horas do 26 de abril ao enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es .

Deixamos aquí as bases e ficha de inscrición. Tamén á vosa disposición na web oficial do Lugo Cultural.