Lugo terá unha «Superavoa» grazas ao Culturban 2022.

Yoseba Muruzabal estará co seu popular proxecto (Superavoas) “Fenómenos do Rural”. Ademáis: Xoana Almar do colectivo Cestola na Cachola e Doa Oa coa súa constante apoloxía á beleza da natureza. Nas actividades paralelas programadas intervencións de Pelucas Pilas Bubbles, Branca Escrigas ou Xema López.

Presentada a terceira edición do festival de arte urbano Culturban, unha das grandes sorpresas é a presenza de Yoseba Muruzabal co seu proxecto internacionalmente coñecido: Superavoas galegas.

Como en ocasións pasadas, ademais das novas propostas murais que invadirán con arte e cor os diversos barrios, Culturban, tamén programa actividades paralelas:

  • o Culturban contará de novo co Combate Mural, onde 10 artistas seleccionados por convocatoria competirán nun combate mural durante unha xornada.
  • volverán celebrarse as xornadas Portas Abertas, nas que, artistas e creadoras da cidade abrirán ao público os seus obradoiros, talleres e espazos de creación.
  • como novidade desta edición, prográmanse diversas intervencións artísticas puntuais repartidas por toda a cidade e que buscan o factor sorpresa visual

O Culturban está organizado pola área de Cultura en colaboración co espazo LUPA Arte

Presentación do Culturban 2022 na praza do Sagrado Corazón que será protagonista do festival. Foto: Gab. Com. Cultura.