As mellores películas de Brasil en Lugo. O Club Cultural Valle-Inclán inicia a programación cinematográfica do ano 2022 cun novo ciclo dedicado ao NOVOCINE, en colaboración coa Embaixada do Brasil en España.

O ciclo dedicado ao NOVOCINE trae a Lugo catro filmes que acadaron as mellores críticas tanto da prensa especializada coma dos espectadores, premiados en certames e festivais de renome:

Día 19 de xaneiro: Campo Grande, de Sandra Kogut – VOSE

SINOPSE: Ygor e Rayane son dous nenos aos que a súa nai deixa na porta de casa de Regina, nun barrio de clase media de Río de Janeiro. En ningún momento os nenos dubidan de que a súa nai regresará a buscalos. Pero farao realmente? A súbita e inesperada irrupción destes nenos de clase baixa no mundo de Regina e a procura da súa nai nunha cidade case irrecoñecible por mor da masiva modernización transformarán para sempre as vidas de todos.

PREMIOS: Festival do Rio 2015 – Premio Mellor Montaxe. Festival de La Habana – Mellor Dirección – Premio Coral. Festival de Gostoso – Premio do Público – Mellor Película. Festival de Málaga – Mellor Dirección. Festival de Mar del Plata – Premio Recam – Premio Sica.

Día 26 de xaneiro: O lobo atrás da porta, de Fernando Coimbra – VOSE

SINOPSE: Unha nena é secuestrada. Na comisaría, Sylvia e Bernardo, os pais, e Rosa, principal sospeitosa e amante de Bernardo, dan testemuños contraditorios que conducen aos máis sombríos recunchos do desexo, a mentira e a perversidade nas relacións deses tres personaxes. 

PREMIOS: 2013: Festival de San Sebastián: Melljor película latinoamericana 2013: Festival de La Habana: Mellor Ópera Prima 2014: Premios Fénix: Mellor actriz (Leandra Leal). 2 nominacións 2015: Premios Ariel: Nominada a Mellor película iberoamericana 2015: Sindicato de Directores (DGA): Nominada a mellor novo director 2015: Premios Platino: Nominada a Mellor actriz (Leandra Leal) 2013: Festival Internacional de Cine de Rio: Mellor Película e Mellor Actriz 2014: Festival de Cinema Latinoamericano de Lleida:Mellor Director e Mellor Actriz 2014: Festival de Cine de Miami: Gran Premio do Xurado e Mellor Director 2014: Festival de cine de Guadalajara: Mellor Director

Día 2 de febreiro: Sertânia, de Geraldo Sarno – VOSE

SINOPSE: O bandido ( cangaceiro) Antão resulta ferido cando a banda de Jesuíno invade a cidade de Sertânia. A trama parte dos delirios de Antão ao bordo da morte, momento en que revisa as súas memorias de infancia, especialmente a perda do pai, e a súa participación na banda de Jesuíno.

PREMIOS: 2020 Guarnicê de Cinema: Mellor Filme – Mellor director –Mellor fotografía Mellor actor (Vertin Moura). 2021 Prêmio Guarani: Mellor Filme – Mellor director – Mellor fotografía – Mellor son. 2021 SESC Film Festival, Brazil: Mellor director – Mellor fotografía. 2021 São Paulo Association of Art Critics Awards: Mellor Filme.

Día 9 de febreiro: Nise: O Coração da Loucura, de Roberto Berliner – VOSE

SINOPSE: Ao saír de prisión tras cumprir pena por motivos políticos, a doutora Nise da Silveira volve traballar nun hospital psiquiátrico nos arredores de Río de Janeiro e négase a utilizar electrochoque e lobotomías no tratamento dos pacientes con esquizofrenia. Dada de lado polos demais médicos do centro, termina facéndose cargo do Sector de Terapia Ocupacional, ata o momento abandonado, onde dá inicio a unha revolución rexida polo amor, a arte e a tolemia. 

PREMIOS: 5 Mellores películas brasileñas de todos os tempos. Mellor Película – Festival de Tokio, 2015 Mlljor Actriz- Festival de Tokio, 2015 Mellor Película- Premio del público- Festival de Río, 2015 Mellor Película – Premio del público- Fest Aruanda, João Pessoa, 2015 Mellor Banda Sonora- Fest Aruanda, João Pessoa, 2015: Jaques Morelenbaum Mellor Dirección de Arte – Fest Aruanda, João Pessoa, 2015 Mellor Película – Cine Fest Brasil Buenos Aires, 2016 Mellor Película – Cine Fest Brasil Montevideo, 2016 Película de apertura – Jangada – Festival de Cine Brasileño de Paris, 2016 Sección Oficial – Ficpunta, Festival de Cine de Punta del Este, 2016 Sección Oficial – Festival de Gotemburgo, 2016 Sección Oficial – Festival de Glasgow, 2016 Sección Oficial – Muestra Internacional de São Paulo, 2015 Película de clausura – Festival Pachamama, Rio Branco, 2015.

Proxeccións na Sala da Casa do Saber, en sesión de 18:00 horas. Entrada libre e de balde. Máscara obrigatoria.

Promove: Club Cultural Valle-Inclán