Autocine de Lugo

Dous filmes fantástico no autocine desta fin de semana enn Sarria este domingo 15: «The Goonies» e «Gran Torino»

Os Goonies é unha película de culto, mítica e lexendaria na que un grupo de rapazas e rapaces viven unha aventura incríble buscando o tesouro de «Willy El Tuerto» para con él pagar as débedas dos pais dun deles. 

Dirixida e protagonizada por Clint Eastwood, Gran Torino, é un gran película sobre inmigración e racismo nos USA máis reaccionarios.

Hai que ter en conta que para acceder ao recinto é obrigatorio ir en automóbil, non estará permitido outro método de acceso, tampouco se permitirá sair do automóbil. Por mor das restriccións sanitarias, os asistentes no mesmo vehículo, deberán ser conviventes, non se permitirá o acceso ao recinto a persoas non convivinte no mesmo vehículo.

As películas proxectaranse nunha pantalla led de 24 metros cadrados de superficie visible. O son transmitirase por FM, polo que se poderá escoitar a través dos altofalantes ou do equipo de cada vehículo.

Entradas de balde no seguinte link