Benedicta Sánchez «Goya a Mejor Actriz Revelación» 2020 por «O que Arde». A lucense de San Fiz de Paradela – Lugo logrou con 84 anos o galardón polo seu traballo na película de Oliver Laxe.
Cunha vida de película, foi librera ou fotógrafa, viviu en Brasil ou Valencia… mostra que sempre hai que estar abertos a todo, e que un non só pode aspirar a 15 segundos de fama, senón tamén ser a revelación sen importar os anos.
Do trío de ases lucenses candidatos a esta edición dos máximos premios do cinema do reino de España, que mencionamos no anterior artigo, foi a única gañadora ademáis da dirección de fotografía de «O que Arde» para Mauro Herce.
Na foto está no hall dos Codex Cinema con Amador Arias, o coprotagonista do filme.