Estrea en Galicia da película «Kobane» de Özlem Yasar. Segunda longametraxe producida desde o Nordeste de Siria.
Salón de Actos da Casa do Saber (Pazo Montenegro), o mércores 22 de marzo ás 19:30h.
Entrada libre e de balde. Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
Organiza: Club Cultural Valle Inclán
Unha película de ficción, rodada nos lugares reais onde sucedeu a historia. Conta a heroica resistencia de Kobane fronte ao Estado Islamico.
Trátase da ópera prima da directora de orixe kurda Özlem Arzêba. É unha produción independente da Comuna de Cinema de Rojava, un colectivo de novos cineastas kurdos que se organizaron para contar as súas propias historias, e quen entende o cinema como unha ferramenta de expresión necesaria para toda unha comunidade.
Foi autofinanciada co esforzo de miles de novos cineastas, rodada integramente en Kobanê, o Norte de Siria, a poucos metros das bombas e protagonizada pola mesma xente que sobreviviu ao asedio de Kobane.
Sinopse:
A pesar de ser superada en número e armamento, unha guerreira kurda guía as súas compañeiras na resistencia para defender a súa cidade, Kobane, da ameaza mortal de ISIS. Unha historia real de guerra, sacrificio, amor e esperanza.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte