O xoves 16, Codex estrea o documental «María Casares, a muller que viviu mil vidas», que nos achega a María Casares, unha muller cunha vida que quedou marcada pola guerra civil e o exilio a Francia.

Viviremos a carón dela os feitos históricos máis relevantes do século XX en Europa, unha vida na que se cruzan figuras culturais de primeira orde.

Comprometida e incansable no seu traballo, busca permanentemente propostas escénicas audaces e arriscadas que acabarán converténdoa nunha das actrices máis aclamadas do cinema e o teatro francés.

A partir do venres 17
«Os reis do mundo»

Unha das películas máis duras e a vez máis bonitas que pasaron polo Festival de Cine de San Sebastián onde foi galardoada coa Concha de Ouro (Mellor Película) 

Sinopse: «Un día todos os homes quedan durmidos… E os cercos da terra arderon». Os reis do mundo é un filme sobre a desobediencia, a amizade e a dignidade que existe na resistencia. Rá, Culebro, Sere, Winny e Nano, cinco rapaces da rúa de Medellín, cinco reis sen reino, sen lei, sen familia, emprenden unha viaxe na busca da terra prometida. 

Un conto subversivo a través dun clan salvaxe e entrañable que transita entre realidade e delirio. Unha viaxe cara a nada, onde pasa todo.

«A santa do imposible»

É a primeira longametraxe de ficción do director Marc Wilkins. A santa do imposible relata dunha forma moi crúa a vida de aqueles que chegan a unha cidade marcada por un capitalismo asfixiante, que obriga aos seus habitantes a realizar traballos escravos na procura dunha vida mellor

Sinopse: un asasinato, unha redada policial e a foto dunha misteriosa rapaza; unha nova nai debe recompoñer todas estas pezas da secreta vida  amorosa dos seus fillos xemelgos para poder saber o que lles sucedeu.