Novembro 2019 O Club Cultural Valle-Inclán, en colaboración co Instituto Francés, programa unha pequena mostra do cine feito en Francia, no que se recolle en VOSE o cine negro de Jean-Pierre Melville, unha testemuña da I Guerra Mundial de Bertrand Tavernier e un triángulo amoroso de Claude Sautet.

Día 2 de decembro: Bob le flambeur.- JP Melville – 1955 – 101 min

Día 9 de decembro: La vie et rien d’autre.- Bertrand Tavernier.-1989 – 135 min

Día 13 de decembro: César et Rosalie.- Claude Sautet – 1972 – 105 min

Poderá verse no Salón de Actos da Deputación Provincial, en sesión de 19:30 horas.

Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Luns 02/12

Bob le flambeur

Ano: 1956 Duración: 101 min. País: Francia
Dirección: Jean-Pierre Melville Guión: Jean-Pierre Melville
Repartición: Roger Duchesne, Isabelle Corey, Daniel Cauchy, Guy
Decomble, André Garret, Claude Cerval, Simone Paris, Howard Vernon,
Colette Fleury.

Xénero: Cinema negro | Crime. Policíaco. Roubos & Atracos

Sinopse: Bob o flambeur, ex mafioso, retirouse do negocio para dedicarse
á súa única paixón, o xogo. Sen diñeiro, organiza coidadosamente un último
golpe: un atraco no Casino de Deauville. Pero o día sinalado, influído pola
súa devoradora paixón, esquécese de desempeñar correctamente o seu
papel …

Luns 09/12

La vie et rien d’autre

Premios: César 1990: Mellor Actor Principal (Philippe Noiret) e Mellor BSO.
David de Donatello 1990: Mellor Actor Estranxeiro (Philippe Noiret).
Cinema Europeo 1989: Mellor Actor Europeo (Philippe Noiret) e Premio
Especial do Xurado.

Año: 1989 Duración: 135 min. País: Francia Francia

Dirección: Bertrand Tavernier
Guión: Jean Cosmos, Bertrand
Tavernier

Música: Oswald D’Andrea
Fotografía: Bruno de Keyzer
Repartición: Philippe Noiret, Sabine Azéma, Pascale Vignal, Maurice
Barrier, François Perrot, Jean-Pol Dubois, Daniel Russo, Michel Duchausso,
Gabriel Cattand, Jean Champion

Xénero: Drama | Histórico. I Guerra Mundial

Sinopse: 1920. Dous anos despois do final da Primeira Guerra Mundial,
Alice busca ao seu amante desaparecido. Irene, unha bela e elegante
muller, busca os restos do seu esposo, un militar desaparecido na fronte. O
comandante Dellaplane é o responsable dunha sección do exército francés
encomendada á procura e identificación das vítimas da guerra. Miles de
soldados franceses seguen desaparecidos ou sen ser enterrados.

Venres 13/12

César et Rosalie

Premios: 1972 Premios David dei Donatello: Mellor actor estranxeiro (
Yves Montand)

Ano: 1972 Duración: 105 min. País: Francia

Dirección: Claude Sautet
Guión: Claude Sautet, Jean- Loup
Dabadie

Música: Philippe Sarde
Fotografía: Jean Boffety

Repartición: Yves Montand, Romy Schneider, Sami Frey, Umberto
Orsini, Eva Maria Meincke, Isabelle Huppert, Michel Piccoli.

Xénero: Drama

Sinopse: Desde que se divorciou de Antoine, Rosalie comparte a súa vida
con César. Ela tivo unha filla da súa aventura con Antoine, pero a nena
parece ser o único vínculo que aínda existe entre eles. Cando xorde David,
un vello amante, Rosalie namórase de novo. Ao darse conta César de que
ela o deixará, pídelle a David que vaia a vivir con eles. Unha gran amizade
unirá aos dous homes.