Unha das estreas desta semana nos Codex Cinema é a nova película do francés Louis Garrel, Un pequeno plan… salvar o planeta, a historia dun matrimonio que descobre que o seu fillo vendeu as súas pertenzas máis prezadas para financiar un proxecto ecolóxico.
A película foi a gañadora do premio Lurra de Greenpeace por «falar da crise climática nun ton esperanzador e con sentido do humor» e «por ser unha historia para toda a familia que, con sentido do humor, convídanos a organizarnos e a actuar, desde o local até o global, para coidar a vida no planeta».
Trátase dunha estrea feita en colaboración con Greenpeace, un euro de cada entrada será destinado á loita contra o cambio climático.
Crítica:
“Una fábula ecologista, divertida y amable”- Efe
“Una joyita donde los adultos son como niños y los niños ejercen de salvadores del planeta” -Blai Morell, RAC 1
“Una divertida y esperanzadora comedia ecologista en la que Garrel mete en su casa a Greta Thunberg” -Cadena Ser
A reestrea de Francisca, a obra mestra que o insigne cineasta portugués Manoel de Oliveira dirixiu en 1981, unha historia de amor cruzado e arrebato entre un escritor, o seu amigo e dúas irmás. A película recupérase nunha versión restaurada dixitalmente.
Gagarine, conta a historia de Yuri, un rapaz que vive nas torres Gagarine nun suburbio parisino e que sempre soñou con ser astronauta; cando descobre que pretenden derribar o edificio traza un plan xunto a uns amigos para convertilo na súa nave espacial e tratar de salvalo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte