Os Codex Cinema contan esta semana coas estreas de QUO VADIS, AIDA? de Jasmila Zbanic, que foi seleccionada entre as cinco candidatas á mellor película internacional na última edición dos Oscar de Hollywood, premio que finalmente levou OUTRA ROLDA de Thomas Vinterberg, outra das grandes estreas de Codex. O filme de Zbanic é un reconto da traxedia de Srebrenica, unha das maiores matanzas do exército serbio na guerra de Bosnia. Zbanic é a figura cinematográfica máis importante do seu país e a súa filmografía xira arredor da memoria da guerra de independencia do seu país e as terribles secuelas que deixou en toda unha xeración.

A outra película de estrea é BORRAR O HISTORIAL, unha insólita comedia francesa onde uns heroes anónimos tratan de facer unha guerra ás grandes compañías tecnolóxicas pola súa incapacidade de comprender o mundo da era dixital. A partir deste suposto tan disparatados, os cineastas Benoit Delepine e Gustave Kervern crean unha xenial escolma de personaxes e situacións tan cómicas como entrañables sobre o mundo actual. Estes dous cineastas son os grandes renovadores da comedia francesa recente, conseguindo grande éxito de público e tamén de crítica, posto que este último filme ven de gañar o Oso de Plata no Festival de Berlín do ano 2020.