O guionista da serie «Hierro» Premio Feroz á Mellor Serie Dramática e Premio Ondas 2019 a Mellor Serie de Televisión, PEPE COIRA, impartirá un curso sobre o traballo de escritura de guión na Facultade de Formación do Profesorado en quenda de tarde, de 17.00 a 21.00 horas, os venres comprendidos entre o 7 de febreiro e o 3 de abril.

O período de matrícula xa está aberto e a inscrición é nas oficinas da Área de Cultura, na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo.

Curso programado pola Área de Cultura da USC no Campus de Lugo ao abeiro do seu Espazo de Cine.

Cartel do Curso de escritura dun guión con Pepe Coira
O CURSO

Descrición:

O curso atende a tres cuestións básicas: para que serve un guión? De que está feito? Como é o traballo do guionista? A busca de respostas para estas preguntas corre en paralelo ao segundo grande aspecto do curso: unha introdución á práctica da escritura, desde a definición inicial dun proxecto ata a redacción do guión dunha curta. 

Metodoloxía:

O módulo combina aspectos teóricos e prácticos, se ben en todo caso o achegamento procura ir moi pegado á realidade da escritura do guión, á experiencia de ser guionista. Traballaremos desde dous tipos de exemplos: os xerados polos propios alumnos conforme aos seus intereses e sensibilidades, e os traballos de encargo que formule o relator. 

Obxectivos:

Familiarizar os alumnos coas particularidades da escrita do guión, un texto que é, sobre todo, unha ferramenta para a elaboración dun proxecto audiovisual.

 Contidos:

A.1 Para que serve un guión (dito doutro xeito: quen le un guión e por que?)

  • O cine sen guión / con pouco guión / con guión de ferro
  • A primeira vida dunha película (das catro que pode chegar a ter)
  • Unha ferramenta de traballo para un equipo
  • Unha ferramenta de venda

A.2 De que está feito un guión      

Elementos clásicos do guión

          A estrutura

          Personaxes / Escenarios / Accións / Diálogos / Punto de vista

Fases da escritura

          Idea / Sinopse / Tratamento / Guión

Os outros guións

          Formatos / Biblias / Escaletas

Documentación

 

A.3 O traballo do guionista  

Cando escribe o guionista

          Antes de nada / Antes da produción / Durante a produción / Na montaxe

Métodos de traballo

          Individual / En grupo

          Software

Contratos

          Orixinal / Encargo

          Aspectos básicos do contrato

          Como mover un guión

Autoría

          Dereitos

          Control editorial

B. A práctica da escritura

Neste apartado trátase de afrontar o traballo da escritura, desde a formulación dunha idea xeral ata a redacción de secuencias completas. Na práctica contemplaremos algunhas das principais variables que se dan na escritura audiovisual: o traballo individual ou en grupo, e a escritura por encargo ou orixinal.

 Número de horas. 25, distribuídas en oito sesións

Dirixido a persoas que pensan na posibilidade de traballar na escritura de proxectos audiovisuais e, secundariamente, a persoas con curiosidade polo relato audiovisual.     

Prazas. 20. Terá prioridade quen acredite —mediante documentación ou memoria— algunha experiencia previa de guión ou similar (literatura, teatro, cómic…), incluídos traballos non profesionais. 

Lugar. Facultade de Formación de Profesorado. Aula 21

Datas. Todos os venres dende o 7 de febreiro ao 3 de abril

Horario. 18 a 21 h (derradeira sesión: 17 a 21 h) 32 horas

Prezos. Comunidade universitaria, 50. Taxa xeral, 100.