A 15 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego que terá lugar do 25 ao 29 de agosto en Santiago de Compostela, conta desta volta con gran presencia lucense na súa programación: 

– a estrea de Dorothé na Vila, un documental que segue os pasos da musicóloga suíza Dorothé Schubarth, que realizou as gravacións do Cancioneiro Popular Galego a comezos dos 80. O filme vai na búsqueda desas persoas que lle cantaron a Schubarth hai corenta anos para contar as súas historias de vida. Boa parte das localizacións do documental son na provincia de Lugo (Pedrafita do Cebreiro, Pol e A Fonsagrada). Así mesmo, o coautor do Cancioneiro, Antón Santamarina, é de San Martín de Suarna (A Fonsagrada). 

– Por outra banda, un dos filmes que compite na Sección Oficial é En la boca de la mina de Brandán Cerviño, que é de Sober. 

– Finalmente, a exposición que acompaña esta 15 MICE, As pequenas cousas, conta con varios obxectos de Lugo. A exposición está formada por obxectos que pertenceron a persoas represaliadas polo franquismo e que as súas familias gardaron ata o día de hoxe. Son pequenas cousas nas que se materializa a memoria das vítimas. Hai caixas-xoieiro feitas na cárcere de Lugo, obxectos que pertenceron a un asasinado en Mondoñedo, etc.