Abril 2019 Xente grotesca busca curtas grotescas para proxectar e/ou premiar en festival de cinema G R O T E S Q U E! en Lugo.
A Academia Grotesca – na foto – ven de presentar no Ho! Gruf unha nova edición (a cuarta e media) do Grotesque Film Festival ao que, desde xa, podedes participar: canto peor sexa a curta mellor
O Grotesque é pura irreverencia, un festival que non desexa ter ningún tipo de apoio institucional, aberto a todo o mundo con e sen coñecementos de vídeo, só fai falla ter unha idea, coller unha cámara de calquera tipo e a rodar sen ningún tipo de prexuízo.
O erro, o cutre, o extremo é visto con bos ollos no Grotesque. Tes ata o 01 de setembro ás 13:14 para enviar a túa curta. A
Os premios, salvo dous deles, saen por azar dun bingo de xoguete. A gala celebraráse o 14 de setembro e nela pasarasen todas as curtas e recoméndase seguir as normas de etiqueta: beber, berrar «tongo» e pasalo ben con moderación – non sabemos a cal das tres normas lle afecta o de «con moderación» – .
+ INFO: neste vídeo e no face do Grotesque
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte