Ao máis puro estilo dos irmáns Cohen (Ethan e Joel), os irmáns Coira (Pepe e Jorge) non paran de recoller premios na súa andaina audiovisual. A pasada noite, a serie «Hierro», dirixida por Jorge con guión de Pepe, foi galardoada co Premio Feroz á Mellor Serie Dramática. Recordemos que remataron o 2019 recollendo o Premio Ondas 2019 a Mellor Serie de Televisión tamén por «Hierro»
Os Premios Feroz son os premios da «Asociación de Informadores Cinematográficos de España»
A serie «Hierro» conta a investigación que seguen en paralelo dúas personaxes opostas, a xuíza Candela Montes e Díaz, o principal sospeitoso do asesinato de Fran, o día da súa boda coa filla de Díaz.