Maio 2018 As colaboracións do Club Cultural Valle Inclán con distintas institucións fan posible que teñamos unha oferta cinematográfica de primeira categoría na cidade. Desta volva, en maio, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe -CGAI- programan tres novas Sesións de Filmoteca de acordo co seguinte programa:

Día 02 de maio: Columbus, de Kogonada. VOSE.

Día 09 de maio: En la playa sola de noche, de Hong Sang-soo. VOSE.

Día 16 de maio: Palmira, de Diana Gonçalves, Matria, de Álvaro Gago, Atisbos, de Iria Silvosa e Pois iso, que te quero, de Beatriz del Monte. Galego.

E, en colaboración, con en colaboración coa Embaixada de Brasil e a Fundación Cultural Hispano-Brasileña, organizan un ciclo de Novocine que se poderá ver en Lugo de acordo co seguinte programa:

Día 30 de abril: Pequeno segredo, de David Schurmann.

Día 07 de maio: O Filho Eterno, de Paulo Machline.

Día 11 de maio: O silêncio do céu, de Marco Dutra.

Día 15 de maio: Sob pressão, de Andrucha Waddington.

PELÍCULAS

POR DATA DE PROXECCIÓN

02 de maio: Columbus, de Kogonada. VOSE
19:30 horas.Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Kogonada – País: EEUU Ano: 2017
Xénero: Drama | Cine independiente USA. Arquitectura
Duración: 104 minutos
Guión: Kogonada
Dirección de Fotografía: Elisha Christian


INTÉRPRETES: John Cho, Haley Lu Richard son, Parker Posey, Michelle Forbes, Rory Culkin, Jim Dougherty, William Willet.

SINOPSE:

Un home nacido en Corea vese atrapado en Columbus, Indiana, porque seu pai está en coma. A súa vida dá un xiro inesperado cando coñece unha rapaza que, dalgún xeito, tamén se atopa na súa mesma situación.

PREMIOS: 2017: Festival de Rotterdam: Selección oficial longametraxes a concurso. 2017: Festival de Mar del Plata: Selección oficial longametraxes a concurso. 2017: Premios Independent Spirit: Nominada a mellor debut, fotografía y guión novel. 2017: Premios Gotham: Nominada a mellor nuevo director, guión, actriz e premio do público. 2017: Asociación de Críticos de Chicago: Nominada a mellor director novel.

07 de maio: O Filho Eterno, de Paulo Machline. VOSE
19:30 Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

Director: Paulo Machline
País: Brasil Ano: 2016
Xénero: Drama, Familia
Duración: 82 minutos
Produtores: Rodrigo Teixeira
Guión: Leonardo Levis (novela homónima de Cristovão Tezza)
Música: Guilherme Garbato, Gustavo Garbato
INTÉRPRETES: Marcos Beiras, Débora Falabella, Pedro Vinícius, Uyara Torrente, Zeca Cenovicz.

SINOPSE:

Roberto, escritor en cernes, está ilusionado co nacemento do seu fillo. Con todo, estando no hospital descobre que terá que afacerse a unha nova realidade: ser pai de Fabrício, un neno con síndrome de Down. A noticia provoca en Roberto unha maraña de emocións contraditorias e conflitos que acaban afectando o seu traballo e a súa relación matrimonial con Claudia. Ao longo de 12 anos, entre obstáculos, conquistas e descubrimentos, revélase o significado da paternidade.

PREMIOS: Festival de Rio de Janeiro (2016)

09 de maio: En la playa sola de noche, de Hong Sang-soo. VOSE.
19:30 horas. Salón de Actos da Casa do Saber

Director: Hong Sang-soo País: Corea do Sur
Ano: 2017 Xénero: Romance. Drama | Drama romántico
Duración: 101 minutos
Produción: Jeonwonsa Film
INTÉRPRETES: Kim MinHee, Seo YoungHwa, Jung JaeYoung, Moon SungKeun, Kwon HaeHyo, S ong SeonMi, Ahn JaeHong, Park YeaJu.

SINOPSE:

Tras manter unha aventura cun home casado, a famosa actriz Younghee decide tomarse un tempo. Para iso viaxa á cidade de Hamburgo, onde ficará na casa dun coñecido. Isto non impedirá que siga pensando no que deixou atrás.
As películas de Hong Sangsoo sempre convidan a seren lidas en clave autobiográfica, mais a súa décimo novena película quizais sexa a máis persoal de cantas se fixeron, unha sopesada e clara resposta aos frenéticos titulares de prensa que fixeron tremer a súa vida tras darse a coñecer a súa relación coa actriz Kim Minhee. Centrada na portentosa interpretación de Kim, que gañou o Premio á Mellor Actriz na pasada Berlinale, En la playa sola de noche é o traballo dun mestre na procura de novas capas de profundidade emocional no seu cine.

PREMIOS: 2017: Festival de Berlín: Oso de Plata – Mejor actriz (Kim Min-hee). 2017: Festival de Gijón: Mejor actriz (Kim Min-hee).

11 de maio: O silêncio do céu, de Marco Dutra.Castelán
19:30 Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

Director: Marco Dutra
País: Brasil Ano: 2016

Xénero: Drama, Abusos sexuais, Thriller
Duración: 102 minutos
Música: Guilherme Garbato, Gustavo Garbato

INTÉRPRETES: Leonardo Sbaraglia, Carolina Dieckmann, Chinés Darín, Mirella Pascual.

SINOPSE:

Relacións de parella a partir de dous escuros segredos, o de Diana, que foi vítima dunha violación dentro da súa propia casa, e o de Mario, o seu marido, que tamén ten algo que esconder. O silencio que se apodera do matrimonio ao longo dos días transfórmase aos poucos nunha peculiar forma de violencia.

PREMIOS: 

Festival de Gramado (2016): Mellor Deseño de Son, Mellor Película e Premio Especial do Xurado. Festival de Mar do Prata (2016): Selección oficial longametraxes a concurso.

15 de maio: Sob pressão, de Andrucha Waddington. VOSE
19:30 Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial,

Director: Andrucha Waddington
País: Brasil Ano: 2016

Xénero: Drama
Duración: 90 minutos

Guión: Renato Fagundes e Leandro Assis
INTÉRPRETES: Júlio Andrade, Icaro Silva, Marjorie Estiano, Andréa Beltrão, Stepan Nercessian

SINOPSE:

Un día de traballo dos médicos nun hospital público no que deben enfrontarse a unha difícil decisión cando tres pacientes en estado grave precisan de axuda ao mesmo tempo. Con poucos recursos, deciden atender a todos e lidar coas presións sociais provocadas por esta situación.

PREMIOS: 

Festival de Río 2016: Mellor Actor (Xullo Andrade) e de Mellor Actor de Repartición (Stepan Nercessian). Festival da Habana 2016.

 

16 de maio: Curtametraxes. 19:30 – Salón de Actos da Casa do Saber

Palmira (España, 2017)
Dirección e fotografía: Diana Gonçalves. Montaxe: Álvaro Gago. Dur: 32 min. Galego
Sinopse: A vida transcorre lentamente, repetitiva. Un corpo cansado pero á vez resistente. Do outro lado da cámara, a tentativa de atopar ese intre fugaz que nos revela algo máis da vida. Da observación á construción co propio personaxe.

Matria (España, 2017) Gran Premio del Jurado de Sundance
Dirección e guión: Álvaro Gago. Fotografía: Lucía C. Pan. Intérpretes: Francisca Iglesias Bouzón. Dur: 20 min. Galego.
Sinopse: Perante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de se refuxiar na relación que a une á filla e á neta.

Pois iso, que te quero (España, 2017)
Dirección: Beatriz del Monte. Intérpretes: Irene Beceiro, Amparo Calvo, Manolita González e Balbina Cibreiro. Dur: 12 min. Galego.
Sinopse: Nais e fillas. Catro xeracións dunha mesma familia. Toman café, charlan e rin, mais tralos risos agochan silencios gardados durante anos, porque aínda lles queda moito por se dicir.

Atisbos (España, 2017)
Dirección: Iria Silvosa, dixital, cor, Dur: 5 min. Galego
Sinopse: Atisbos é a exploración da vila en que nacín, que agora se torna fantasmagórica e estraña.