Presentación da Semana de Cine de Lugo 2023.
A cita terá lugar entre o 18 e o 23 de setembro. É a edición 45.

135 películas, 40 delas galegas (entre curtas e longametraxes)

O Gustavo Freire, O Vello Cárcere, a Deputación Provincial, o edificio da Xunta, a Biblioteca Provincial…cine por todo Lugo.

Entre as actividades programadas: homenaxe aos nosos querídisimos Coira Bros (Pepe e Jorge), a Anxo Arias Prado, de Foto Oliver, e ao cinema en xeral nos escaparates das tendas do centro en colaboración con Lugo Monumental.

Inauguración o luns 18 – 22:00 – Auditorio Municipal Gustavo Freire con concerto de bandas sonoras e proxección da curta «Tectónica de placas» (co-dirixida por Clara Coira) e do filme da sección oficial, «The Quiet Girl» (nominada a mellor película internacional nos Óscar 2022).

No acto de presentación participaron Manuel Curiel, director da Semana de Cine, o presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e representantes da Xunta de Galiza e da UNED.

«Debemos apoiar dende as institucións a nosa cultura propia, neste caso a produción de cine en galego», dixo Maite Ferreiro, que engadiu «as experiencias que temos dinnos que temos contadoras e contadores de historias moi boas, que fan obras fermosas e interesantes, que redundan na defensa e promoción da nosa lingua e da nosa cultura, que é o faro que nunca debemos perder de vista».

Ferreiro destacou o traballo do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, “que leva 45 anos dando visibilidade ao cine entre a veciñanza de Lugo”, e engadiu “a Semana de Cine de Lugo é unha das actividades máis relevantes do calendario cultural da cidade”.

Web oficial

Programa completo