Decembro 2019 Non fai moito tempo estivo a obra teatral do grupo Chévere en Lugo, sumándo espectadores (a viron máis de 30.000 persoas) e éxito á súa carreira. Agora, «Eroski Paraíso» chega ás salas de cine, ao Codex Cinema e coa visita de parte do equipo para presentar o filme:
– Mércores 18 ás 20:30. Presentación coas actrices Patricia de Lorenzo, Cris Iglesias e Fidel Vázquez.
– Sábado 21 ás 20:15. Presentación con Gaspar Broullón, produtor.
– Domingo 22 ás 17:30. Presentación con Jorge Coira, codirector.
Na película nárrase a historia de Álex (Cris Iglesias), unha nova cineasta, que decide facer un filme sobre a historia dos seus pais. Eva (Patricia de Lorenzo) e Antonio (Miguel de Lira) coñecéronse na sala de festas Paraíso en 1989, casaron e tiveron unha filla. Agora están divorciados, levan anos sen verse e a antiga sala de festas onde se coñeceron é un supermercado Eroski. O filme é o retrato dunha xeración que o tivo todo ao alcance da man pero que camiñou pola vida coma se recorrese o corredor dun supermercado, unha metáfora viva da transformación social que tivo lugar nos últimos 35 anos en Galicia