Recibidas 1.512 películas para a Semana de Cine de Lugo 2024.
Semana de Cine de Lugo 2023

A XLVI Semana de Cine de Lugo vaise celebrar do 23 ao 29 do próximo mes de setembro, organizada por Fonmiñá, en colaboración coa Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e a UNED.

Á convocatoria efectuada pola organización, teñen sido presentadas un total de 1.512 películas, entre longametraxes e curtas, procedentes de numerosos países. Delas, 1.305 recibíronse a través de Festhome, 147 por Click for festival, 45 de cine independente e 15 presentadas polas súas produtoras. De todas elas van ser seleccionadas un total de 146 que formarán parte da programación oficial da Semana.

Fonmiñá segue a traballar na organización da Semana para a que, reecentemente se asinou na Deputación Provincial o convenio de colaboración entre a Deputada de Cultura e o Presidente de Fonmiñá.