O Club Cultural Valle-Inclán programa unha retrospectiva con dúas películas da cineasta húngara Márta Mészáros.
Día 24 de maio: A rapariga, (1968) – 84 min. VOSG. Primeira película húngara dirixida por unha muller. Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cine de Valladolid.
31 de maio: Adopción (1975) – 89 min. VOSG. Oso de Ouro do Festival Internacional de Cine de Berlín. Primeira cineasta en recibir tal galardón.
Márta Mészáros, da xeración de Agnès Varda, Liliana Cavani e outras cineastas europeas da década dos sesenta do século pasado, interesouse pola situación da muller no seu país e tena como protagonista de toda a súa obra, mostra delo son as dúas películas que proxectan en “Sesións de Filmoteca”, en colaboración coa Filmoteca de Galicia, segundo convenio asinado coa AGADIC.
Salón de Actos da Casa do Saber, sesión de 19:30 h.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte