Febreiro 2019 Noticia importante a que acaba de anunciar Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo: cambio de datas, pasa a outubro, do 21 ao 26 de outubro de 2019. Tras moitas edicións convirtindo o setembro de Lugo no mes do cine, a partir desta 41 edición pasa a outubro, completando así un mes moi potente en canto a oferta cultural lucense: San Froilán e Semana de Cine de Lugo

As bases para participar en seguinte (en español las puedes leer aquí)

Bases 41ª Semana de Cine de Lugo (España).

21 ao 26 de outubro de 2019 (SECILUG 41)

CONVOCATORIA

OBXETO

É obxecto desta convocatoria a regulación dos premios da Competición Internacional de: Longametraxes (Sección Oficial), Cine Galego (Seccións Paralelas), Documentais (Seccións Paralelas) e Curtametraxes (Sección Paralela) da 41ª edición da Semana de Cine de Lugo (España), organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e baixo os auspicios da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo e Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo), que terá lugar do 21 ao 26 de outubro de 2019.

semana-cine-autor-lugo

DOTACIÓN ECONÓMICA

A Competición Internacional da 41ª edición da Semana de Cine de Lugo (España) estará dotada de 2.200 euros en premios, (repartidos nassúas distintas seccións con cargo á aplicación orzamentaria do certame e suxeitos ás vixentes retencións que marca a lei.

PARTICIPANTES

Poderán concursar as persoas físicas ouxurídicas con capacidade de obrar (produtores, directores, distribuidores) que posúan o control legal sobre as obras que presenten a concurso.

A persoa ou entidade (ou o seu representante) que asine o formulario autorizando a inscrición será considerado polo Festival como único interlocutor válido para tratar aspectos relacionados coa participación da película no evento e como único responsable fronte a outra spersoaso u empresas que participaran naprodución da película. 

REQUISITOS DAS PELÍCULAS

Deberán ter sido producidas en 2018 e 2019. Non poderán terse exhibido nin editado comercialmente en España en salas públicas (excepto en festivais), televisión, VoDou Webs antes do 19 de outubro de 2018.


As obras terán que ser de ficción (imaxe real ou animación) con máis de 60 minutos de duración en longametraxes. O mesmo requisito rexerá para os documentais. As curtametraxes non poderán exceder de 30 minutos. Será imprescindible o subtitulado en castelánnaquelas copias cuxo idioma orixinal sexa galego, inglés ou outro calquera.

As películas que non cumpran este requisito quedarán fóradesta convocatoria.

PREFERENCIAS

Terán unha ESPECIAL PREFERENCIA aquelas películas que traten os xéneros e temas seguintes: Cine Independente.Gastronomía.Camiños de Santiago (Francés e Primitivo).Cine Galego.O mundo dos Museos (Arte e Pintura).

INSCRICIÓN NO CONCURSO 

INSCRICIÓN ONLINE: 

Para inscribir a película deberán facelo a través do formulario de inscrición da plataforma dixital correspondente.

O prazo de inscrición online pecharase o 22 de maio de 2019ás 24:00 horas (hora local de Lugo).

INSCRICIÓN TRADICIONAL:

Poderase inscribir a película solicitándosempre a secilug@gmail.com

O prazo de inscriciónneste caso pecharase o 22 de maio 2019ás 14:00 horas (hora local de Lugo). 

OBRIGACIÓNS DOS INSCRITOS

A inscrición na 41ª Semana de Cine de Lugo (España) implicará:

 – A total aceptación das presentes bases por parte de todos os participantes e os seus axentes e representantes.
– A autorización para que, en caso de non ser seleccionado para a competición, a organización do festival poida proxectar a súa película nunha das seccións paralelas non competitivas, beneficiándose da publicidade e promoción do festival.
– A autorización para divulgar materiais das películas inscritas (fotogramas, carteis, fichas, fragmentos de guión, textos de prensa, etc.). Os participantes autorizan a difusión de ata tres minutos de imaxes de ditas películas en calquera medio de comunicación.
– A aceptación de que, en caso de obter algún dos premios outorgados no concurso, se incluirá unha referencia escrita á concesión de dito premio aocomezo de todas e cada unha das copias da película que se distribúan para a súa exhibición en salas comerciais e/ou en certames audiovisuais, así como en todo o material informativo e promocional impreso (press-books, carteis, etc.). Dita referencia consistirá nun texto co tipo de premio outorgado, acompañado invariablemente da imaxe corporativa (logotipo e nome) do Festival.

SELECCIÓN

Unha comisión de selección designada polo Comité Organizador da Semana de Cine terá como cometido asesorar en relación coas películas que competirán nas distintas seccións. Así mesmo, poderá propoñer aquelas películas non seleccionadas para a competición pero que considerase de especial relevancia para a súa exhibición en ciclos paralelos.

A selección realizarase tendo en conta que o concurso é unha mostra das producións máis destacadas do cine independente de todo o mundo, apostando polas películas máis tematicamente comprometidas e formalmente innovadoras.

En calquera caso, a decisión final das seccións competitivas corresponderalle ao comité de dirección.

OBRIGACIÓNS DOS SELECCIONADOS

Os participantes cuxas películas sexan seleccionadas para as seccións competitivas estarán obrigados a cumprir as seguintes disposicións e comportamentos:

-As produtoras e distribuidoras das películas seleccionadas facilitarán todo o material necesario para a elaboración do catálogo da Semana de Cine que lles sexa solicitado pola organización do mesmo.
-As produtoras e distribuidoras cederán os dereitos para a exhibición pública das súas películas sen ningún custo para a organización.
-Facilitarán gratuitamente á organización a copia de proxección. Todas as películas inscritas e non seleccionadas para as Competicións Oficiais (Longametraxes, documentais e curtametraxes), serán consideradas para incluírs en outras seccións da programación do Festival.
-Permitirán a incorporación das películas seleccionadas ao fondo videográfico da Semana de Cine, destinado á difusión audiovisual sen ánimo de lucro, sempre de carácter cultural. En calquera caso, Fonmiñá (entidade organizadora) comunicará aos participantes o uso que se fagadestas películas.
-Non retirarán a película da programación nin a presentarán comercialmente en España antes da súa proxección en Lugo. 


EXHIBICIÓN

As proxeccións da 41ª Semanade Cine de Lugo realizaranse nos formatos ou o sistema que considere o Festival. Durante a celebración do certame, do 21 ao 26 de outubro de 2019, a organización reserva o dereito de exhibir as películas seleccionadas nas salas cinematográficas e espazos vinculados a este evento en cantas sesións públicas estime conveniente. A organización establecerá a orde, data e horario de exhibición.

 
XURADO

Un xurado elixido entre profesionais do mundo cinematográfico, audiovisual, prensa e cultura será o encargado da selección das distintas películas para as seccións competitivas. 

O Xurado Oficial será o propio público asistente ás proxeccións, que votará cada unha das películas que se exhibannas Sección Oficial e Sección de Curtametraxes. Un xurado nomeado polo comité organizador elexirá a Mellor Película Documental, Mellor Película Galega e Mellor Curtametraxe Galega.


PREMIOS OFICIAIS 


Premio do Público á Mellor Película da Sección Oficial: Trofeo e 1.000 euros
Premio á Mellor Película Documental: Trofeo e 300 euros.
Premio á Mellor Película Galega: Trofeo e 300 euros.
Premio á MellorCurtametraxe Galega: Trofeo e 300 euros.
Premio do Público á MellorCurtametraxe: Trofeo e 300 euros.

RESOLUCIÓN FINAL
As dúbidas que poidan xurdir sobre a interpretación destas bases, así como os conflitos que puidesen producirse derivados da súa aplicación, en canto á organización ou funcionamento, serán resoltas polo Comité Organizador da 41ª Semana de Cine de Lugo (España).