«Silent Land», Premio FIPRESCI 2022 nos Codex Cinema. Ademais, estrea do impresionante thriller «Holy Spider».
SILENT LAND
Silent Land é a ópera prima de Aga Woszczyńska, que recibiu o Premio FIPRESCI en 2022. Inquietante historia sobre as profundidades da culpa e a negación nun contexto multicultural.
Sinopse:
Una parella perfecta aluga unha casa de vacacións nunha illa soleada de Italia. A realidade no está á altura das súas expectativas cando se dan conta de que a piscina da casa está estragada. Ignorando que a illa sofre escaseza de auga, piden que alguén a arranxe.
A presenza constante dun estraño invade a idea de seguridade da parella e pon en marcha unha cadea de acontecementos que lles fan actuar de forma instintiva e irracional, encamiñándose cara un lugar máis escuro da súa relación.
HOLY SPIDER
Película dirixida por Ali Abbasi, seleccionada por Dinamarca para representar ao país nos Óscar 2023 e nominada a catro premios EFA do
cine europeo. Premio á mellor actriz para Zar Amir-Ebrahimi no Festival de Cannes e no Festival de Sevilla.
Este impresionante thriller baseado en feitos reais e un potente thriller iraní que explica a impunidade da violencia contra as mulleres, un thiller magnético, sucio e moi político.
Sinopse:
Irán, 2001. Unha periodista de Teherán mergullase nos barrios con peor reputación da cidade santa de Mashhad para investigar unha serie de feminicidios. Pronto darase conta de que as autoridades locais non teñen ningunha presa por resolver o asunto.
Os crimes son obra de un só home, que asegura purificar a cidade dose seus pecados e que ataca a prostitutas pola noite.