O cartel é unha extraordinaria colaboración de SIRO (Siro López Lorenzo), coa Semana cunha caricatura de María Casares, no seu centenario, coa lenda “María Casares vive desde hai cen anos. Viva María Casares!”.
Precisamente, por esta efeméride, a Semana honrará a María Casares cunha “retrospectiva” e exposición na Biblioteca Provincial, e a colocación dunha placa coa caricatura de Siro no Paseo do Cine de Lugo.
Homenaxearase asimesmo á cineasta, escritora e profesora de Castro de Rei, Margarita Ledo Andión, coa proxección da súa película “Nación” na sala da Deputación, e a colocación dunha placa no Paseo do cine.
Outras homenaxes serán rendidas a Darío Xoán Cabana (coa proxección da película A MARIÑEIRA); a José Luis López Vázquez polo seu centenario, coa proxección de EL BOSQUE DEL LOBO (rodada en Lugo); a UCRANIA (coa película EL ACORAZADO POTENKIM) e á realidade social “E para comer, Lugo…”, coa estrea da película UN BOCADO EXQUISITO.
A XLIV Semana de Cine de Lugo, está organizada por Fonmiñá e conta co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte