13.3 C
Lugo
Mar, 21 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

5ª edición do Encontro de Fanzines e Autoedición Vaia Vaia

18 de octubre

5ª edición do Encontro de Fanzines e Autoedición Vaia Vaia

18 de outubro de 2025 (todo o día)

O encontro terá lugar no Pazo de Montenegro (a carón da Casa do Saber) e reunirá a 20 proxectos de fanzine e autoedición que abranguen linguaxes diversas como a ilustración, a literatura, o grafismo ou as artes visuais.

Durante toda a xornada, artistas e creadoras amosarán, intercambiarán e poderán adquirir os seus traballos, ao tempo que o público poderá achegarse a un espazo único para descubrir publicacións independentes e alternativas.

A programación completarase cun obradoiro creativo do artista Mágico Eloy, unha pinchada co DJ Betto, a proxección da curta El Club del Sida de Milko Delgado (Pánama) con posterior coloquio co director e un divertido bingo fanzineiro que servirán para dinamizar e festexar a cita.

Servirá tamén para presentar o “Gabinete de Autoedición Ambulante”, a primeira fanzinoteca itinerante de Galiza.

Detalles

Fecha:
18 de octubre
Categoría del Evento: