Actividade familiar – Tradicións de outono
Este xoves 23 de novembro, terá lugar no Centrad, unha actividade que achegará as tradicións de outono a todas e todos os participantes.
Esta actividade, que será para público familiar, contará cun obradoiro de fabricación de xoguetes sonoros, un obradoiro de xogos bailados e cantigas relacionados con estas datas, un magosto e xogos tradicionais da man de Xotramu, todo para darlle a benvida ao outono cunha nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional e outras tradicións existentes na nosa cultura.
Durante este acto farase entrega dos agasallos para os finalistas do X Certame de Debuxo dobre o baile e os instrumentos da música tradicional.
Esta actividade familiar, promovida pola TRADESCOLA, conta coa axuda da Área de Cultura do Concello de Lugo e a cesión das instalacións para realizala por parte do Centrad.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte