10.5 C
Lugo
Jue, 11 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Baño de bosque e iniciación ao Haiku

11 de diciembre - 16:00

A UNED de Lugo celebrará o vindeiro 11 de decembro a actividade “Baño de bosque e iniciación ao Haiku”, que terá lugar nas Carballeiras do Paseo do Rato, con inicio no Centro de Interpretación Terras do Miño, en horario de 16:00 a 18:00 horas.

Esta proposta insírese no programa ODS en Acción, impulsado polo Observatorio ODS da UNED, e enmárcase na conmemoración do Día Internacional das Montañas, destacando o valor do ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres.

Unha proposta que combina natureza, benestar e creación literaria:

O programa inclúe un baño de bosque ou Shinrin-Yoku, práctica xaponesa que invita a mergullarse na natureza con atención plena, e un obradoiro de iniciación ao haiku, poesía tradicional que nace da observación atenta do entorno e da captación de momentos efémeros.

Busca favorecer o equilibrio emocional, a concentración e a creatividade, ao tempo que pon en valor os ecosistemas forestais e a relación profunda entre persoas e natureza.

A sesión estará dirixida por Mercedes Rois Díaz, consultora en bioeconomía forestal e CEO de Raíces – Reconecta Contigo, e por Francisca García Jáñez, doutora en Filoloxía Hispánica, escritora e docente.

Inscrición, cun custo de 10 euros, está aberta ao público a través da seguinte ligazón:
https://extension.uned.es/actividad/idactividad/49435

Detalles

  • Fecha: 11 de diciembre
  • Hora:
    16:00
  • Categoría del Evento:

Local