19.3 C
Lugo
Sáb, 27 Jul 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Charla «Racismo e discriminación en Alabama – O caso de Rocky Myers»

29 de mayo - 20:00

Charla «Racismo e discriminación en Alabama – O caso de Rocky Myers»

O vindeiro mércores 29 de maio, a partir das 20:00 h, o Auditorio de O Vello Cárcere acollera unha charla sobre o caso de Rocky Myers e o sistema penal de Alabama, un dos estados dos Estados Unidos que máis simboliza a loita contra a escravitude, a segregación racial e polos polos dereitos civís da poboación negra.

Contaremos coa presenza de  Kacey Keeton, avogada sénior, e Miriam Bankston, investigadora xefa, do Programa Federal de Defensores/as do Distrito Medio de Alabama (https://alm.fd.org).

Este programa, financiado con fondos do poder xudicial federal dos Estados Unidos, actúa como unha corporación privada dedicada a proporcionar defensa legal gratuíta a persoas que non a poden custear.

Miriam Bankston e Kacey Keeton traballan especificamente na _Capital Habeas Unit_, unha división especializada en casos de pena de morte. A súa función principal é representar a persoas condenadas a morte nas súas apelacións e recursos. Entre os casos nos que traballan está o de Rocky Myers.

Rocky Myers é un home de raza negra cunha discapacidade intelectual. Foi condenado á morte polo asasinato dunha muller branca por un xurado composto case na súa totalidade por persoas brancas (11 de 12), pese a que ningunha evidencia o vinculaba co crime. A súa defensa estivo a cargo dun avogado de oficio ligado durante moitos anos ao Ku Klux Klan.

O xurado impuxo a Rocky a cadea perpetua, pero o xuíz desatendeu o veredicto e condenouno á pena capital. Esta practica foi declarada ilegal pero sen efectos retroactivos e como Rocky, hai uns 30 condenados a morte en Alabama en contra do veredicto do xurado.

Amnistía Internacional pide que se revise o caso e que a súa condena a morte sexa anulada de inmediato.

Detalles

Fecha:
29 de mayo
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95