9.3 C
Lugo
Sáb, 27 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine – Á procura da estrela

13 de marzo - 19:30

Cine – Á procura da estrela

Este mércores, día 13 de marzo, proxectarase o filme Á procura da estrela, dirixida por Carlos Martínez-Peñalver Mas, quen asistirá á presentación.

Proxección no Salón de Actos da Casa do Saber, sesión 19:30 horas.

Entrada libre e de balde para socios do Club Cultural Valle-Inclán e comunidade universitaria, resto do público cota correspondente de socio, 2€.

Carlos Martínez-Peñalver é Graduado en Comunicación Audiovisual por Universidade de Santiago e  Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Director e montador, entre os seus traballos destaca o seu labor de axudante de montaxe na película Mimosas, de Oliver Laxe.

Sinopse:
Xoel, un fonografista viaxeiro, chega á Serra da Estrela para rexistrar os sons en vías de extinción da montaña máis alta de Portugal. Unha misteriosa melodía conducirao a perderse no macizo. A partir dese momento, a viaxe de Xoel converterase nunha fráxil analoxía do conto que dá nome á rexión: “A lenda do pastor e a Estrela.
Promove: O Club Cultural Valle-Inclán

Detalles

Fecha:
13 de marzo
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map