10.4 C
Lugo
Jue, 10 Oct 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine – El espíritu de la colmena

25 de octubre, 2023 - 19:30

Cine – El espíritu de la colmena

O Club Cultural Valle-Inclán programa un ciclo retrospectivo con dúas películas de Víctor Erice que se enmarcan no programa” Sesións de Filmoteca”, en colaboración coa Filmoteca de Galicia e segundo convenio asinado coa AGADIC.

Este ano, no que Víctor Erice volve ás pantallas, obrigado é facer un repaso da súa filmografía e escollemos dous títulos de recoñecidos méritos polos cinéfilos, críticos e cineastas do mundo da sétima arte.

Día 25 de outubro: El espíritu de la colmena, 1973, 98 min. VOE. 1973: Festival de San Sebastián: Concha de Ouro Mellor película.

Día 8 de novembro: El Sur, 1983, 95 min. VOE. 1983: Festival de Cannes: Nominada á Palma de Ouro Mellor película. 1983: Festival de Chicago: Hugo de Ouro Mellor película.

Salón de Actos da Casa do Saber, sesión 19:30 horas. Entrada de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público cota proporcional de socio.

EL ESPÍRITU DE LA COLMENA

Sesións de Filmoteca. Retrospectiva de Víctor Erice
Data de proxección Mér, 25/10/2023 – 19:30
Lugar de proxección Salón de Actos da Casa do Saber
Director Víctor Erice
Pais España
Ano da produción 1973
Xénero Drama | Anos 40. Posguerra española. Vida rural. Infancia
Duración 98
Produción Elías Querejeta P.C.
Director de Fotografía Luis Cuadrado
Guión Vítor Erice, Ángel Fernández-Santos
Música Luis de Pablo
Intérpretes Ana Torrent, Fernando Fernán-Gómez, Isabel Tellería, Laly Soldevilla, Teresa Gimpera, José Villasante, Miguel Picazo, Juan Margallo, Estanis González, Kety de la Cámara, Manuel de Agustina, Miguel Aguado. Música

Unha das estreas da longametraxe máis impresionante da historia do cinema a cargo dun Víctor Erice que xa dirixira unha das historias do filme colectivo Los desafíos (1969).

A unha pequena vila de Castela chega o camión do cine. Trae Frankenstein, que ven as nenas Ana e Isabel. O pai Fernando traballa nunha colmea e a nai Teresa escribe unha carta a alguén descoñecido.

A impresión que produce o filme de James Whale a Ana fai que a súa irmá máis vella lle diga que o monstro está vivo e permanece agochado na vila.

Unha produción de Elías Querejeta que, desde o lirismo, o misterio e a sensibilidade, retrata tamén a sordidez dun tempo e establece os estilemas dunha traxectoria apaixonante ao ofrecernos unha das obras mestras da historia do cine, único título español na última listaxe de Sight&Sound.

VOE

Premios

1973: Festival de San Sebastián: Concha de Ouro Mellor película.

Detalles

Fecha:
25 de octubre, 2023
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map