17.2 C
Lugo
Mié, 26 Jun 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine-fórum ao aire libre – «O que arde»

28 de julio, 2023 - 22:00

Cine-fórum ao aire libre – «O que arde»

O barrio da Tinería acollerá este venres un cine-fórum ao aire libre organizado pola oficina municipal de información europea, Europe Direct Lugo.

A actividade, de temática medioambiental, terá lugar na Praza Recanto do Miño, a partir das 22:00 horas, e consistirá nun pequeno coloquio e posterior visionado da película O que arde, do director Óliver Laxe.

Contará coa participación de Benedicta Sánchez, actriz principal do filme; Óscar Chavarría, educador ambiental de Innogando; e Pablo Yanes, xerente de Cabañas das Chousas.

 O obxectivo da iniciativa é concienciar sobre a importancia de preservar o medio natural e dar a coñecer o Pacto Verde Europeo, como principal escudo fronte ao cambio climático.

Detalles

Fecha:
28 de julio, 2023
Hora:
22:00
Categoría del Evento: