17.1 C
Lugo
Sáb, 27 Jul 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine-fórum “Las armas no borrarán tu sonrisa”

16 de mayo - 20:00

Cine-fórum “Las armas no borrarán tu sonrisa”

Xoves 16 de maio ás 20:00 horas O Vello Cárcere

Contará coa presencia do seu director, Adolfo Dufour; de Javier Almazán, presidente do Colectivo por los Olvidados de la Transición (COT); e de varios integrantes do colectivo, que tras a proxección do filme participarán no coloquio. O acto está organizado pola Asociación Contracorrente, o Colectivo por los Olvidados de la Transición (COT) e o Foro pola Memoria de Galicia,

SINOPSE

“Las armas no borrarán tu sonrisa” conta a historia oculta da Transición; a daquelas persoas que loitaron para facer posible a democracia e sufriron o silencio oficial.

Trátase dunha longametraxe documental que, centrándose en Arturo Ruiz, María Luz Nájera e os avogados de Atocha, sen esquecer as outras vítimas da loita pola democracia, lembra a aquelas persoas que no empeño por conquistar as liberdades perderon a vida na recta final da chamada “Transición democrática”.

A película recolle a incansable loita de Manuel Ruiz para que o seu irmán Arturo e as demais vítimas da Transición atopen a xustiza que se lles negou, e a súa causa non caia no esquecemento.

Conta coa axuda doutro dos seus irmáns, Miguel Ángel, e de Javier, irmán de Ángel Almazán, outro mozo de 18 anos asasinado o 15 de decembro de 1976 nunha manifestación pola liberdade. Investigan para desvelar a oculta verdade do sucedido. Mais os obstáculos son poderosos, enmarañados entre os tentáculos de poderes fácticos.

“Las armas no borrarán tu sonrisa” é unha producción do Colectivo por los Olvidados de la Transición (COT) e Atrapasueños Cinema, e as músicas orixinais pertencen a Bernardo Fuster e Luis Mendo (fundadores do grupo Suburbano).

Detalles

Fecha:
16 de mayo
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95