Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Cine «L’enfance nue»

18 de marzo - 19:30
Cine «L’enfance nue» (VOSE)
Salón de Actos da Casa do Saber

Unha vez iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala. Entrada libre para socios do club e comunidade universitaria, resto do público cota proporcional de socio, 2€.

Ciclo Sesións de Filmoteca marzo 2026
Director: Maurice Pialat
Francia
1968
Drama | Infancia. Adopción
83 min
Produción: Parc Film, Films du Carrosse, Renn Productions, Parafrance Films
Director de Fotografía: Claude Beausoleil
Montaxe: Arlette Langmann
Guión: Arlette Langmann, Maurice Pialat
Intérpretes: Marie-Louise Thierry, Michel Terrazon, Raoul Billerey, Maurice Coussonneau, Pierrette Deplanque Linda Gutemberg, Marie Marc, Henri Puff, Marie-Louise Thierry, René Thierry
Sinopse
Primeira longametraxe de Pialat e na que xa amosa a súa persoal perspectiva, un retrato sen disimulos da infancia, observada sen nostalxia nin idealización a través do relato da vida de François, un neno de dez anos que pasa por distintos fogares logo de ser abandonado e confiado aos servizos sociais e que por momentos parece unha copia da nenez demoledora que soportou Jean Genet. Desgarrado e complexo filme que moitos decidiron confrontar a Los cuatrocientos golpes, pese a que o mesmo Truffaut -ao igual que Claude Berri- colaborou na produción desta pertinente ópera prima.

 

Premios

 Jean Vigo (1969)

Detalles

  • Fecha: 18 de marzo
  • Hora:
    19:30

Local

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map