
Circo contemporáneo – Todo lo posible
Nueveuno Circo
Xoves, 30 de outubro de 2025 20:30 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Categoría: Teatro Adultas
Idade recomendada: A partir dos 6 anos
Sinopse:
“Todo Lo Posible” é un espectáculo de Circo contemporáneo que mostra a relación dos artistas co éxito, a necesidade de aprobación, as envexas, o amor e os aplausos.
Un espectáculo que quere comunicar a través dos malabares, a maxia escénica, a música en directo, o son, a iluminación e as videoproxeccións.
Este é un espectáculo de malabares precisos, de coreografía perfecta, de integración técnica e escenográfica.
É unha tolemia querer gustar a todo o mundo? É un limite? Un motor?
Qué é o éxito para ti?
ENTRADAS: 5 €
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Programación cultural do segundo semestre no Auditorio Municipal Gustavo Freire
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte