«O 30 de novembro ás 19.30h , emprazámosvos a recoller en Leira os pensamentos, conversacións e temas que esta cápsula xerase. Unha escusa, como calquera outra, para seguir introducíndonos nos temas do ciclo “*É a fin ao fin, é a fin ao final”.
«O círculo lítico» é un club de lecturas organizado en base a diferentes capsulas.
Unha actividade cunha periodicidade mensual que convida a reunirse en Leira para conversar ao redor dunha selección de materiais de diversa natureza, cada reunión detonada en base ao lanzamento dunha cápsula.
Libros, videoxogos, obras audiovisuais… serán a base sobre a que reunirse a conversar, debater e especular mes a mes.
As cápsulas liberaranse cunha antelación suficiente como para que as persoas que queiran asistir, ou aquelas que queiran seguilas en remoto, poidan acceder aos contidos.
O círculo lítico será gratuíto e terá unha periodicidade mensual. Cada persoa é libre de participar nunha, varias ou todas as sesións do club.»
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte