5.4 C
Lugo
Lun, 6 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Codex Cinema 06 de xullo en adiante

6 de julio, 2023 - 9 de julio, 2023

Codex Cinema 06 de xullo en adiante

Codex Cinema estrea esta semana tres filmes.

O primeiro deles estrease o xoves 6 de xullo e é o documental titulado “As gardiás do planeta” do director Jean-Albert Liévre. O documental é un incrible espectáculo visual para desfrutar na pantalla grande e que pon de manifesto a necesidade de cooperación entre as especies que viven no noso planeta para que as xeracións posteriores poidan vivir en harmonía.

Sinopse: unha balea torboada está varada nunha costa remota. Durante a loita por salvar a súa vida, descubriremos a historia destas extraordinarias criaturas, habitantes dos océanos do mundo.

É un documental inspirado no libro de Heath William, «Les Gardiennes de la planète»;, que nos leva a descubrir os territorios inexplorados e a sociedade apenas descoñecida das baleas, coas súas notables habilidades e as súas vidas sociais incriblemente ricas e complexas.

O venres os Codex Cinema estrean o filme español “Unha vida non tan simple», onde o seu director Félix Viscarret, desmonta os vértigos dos 40 nunha comedia dramática, tan aguda e clarividente como acertadamente agrea. Crible, intelixente e sutil, con sentido do humor e certa tenrura.

Sinopse: Isaías, 40 anos, era un prometedor arquitecto. Agora pasa os seus días entre o seu estudo de arquitectura e o parque á saída da escola, onde xogan seus fillos. Onde queira que estea, sente que non está onde debería; coa súa muller nótase o paso dos anos e o esgotadores que poden ser os nenos. Pero empeza unha amizade con Sonia, nai doutro
neno do colexio, quen lle vai mostrar que isto de criar os teus fillos e entrar na vida adulta non é tan simple.

A outra estrea do venres é o filme francés “A orixe do mal» de Sébastien Marnier. Unha trama cun sólido reparto que interpreta a verdade emocional das situacións de forma marabillosa.

Sinopse: os celos e a amargura rompen a familia de Stéphane, quen se inventa unha vida completamente diferente para impresionar ao home rico e as mulleres ao seu carón, que a minan.

Detalles

Comienza:
6 de julio, 2023
Finaliza:
9 de julio, 2023
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
+ Google Map
Ver la web del Local