13.8 C
Lugo
Dom, 14 Jul 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Coloquio con Benedicta Sánchez Silva e concerto de Coral

4 de diciembre, 2023 - 11:30

Coloquio con Benedicta Sánchez Silva e concerto de Coral

A vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias, preside este luns 4 de decembro, a partir das 11.30 horas, no Salón de Actos da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC, o acto en memoria de Dona Francisca Álvarez, patroa do IV Ciclo Universitario.

A directora do programa de formación de maiores da USC, Esther Olveira Olveira, tamén intervirá nesta sesión, no marco da que Concepción Losada Álvarez moderará un coloquio con Benedicta Sánchez Silva, gañadora do Goya á mellor actriz revelación pola película ‘O que arde’.

O programa do acto inclúe asemade dúas actuación da Coral da Asociación do Alumnado
de IV Ciclo do Campus de Lugo da USC, que interpretará as pezas ‘Canto de Arrieiro’ e
‘Pasodobre de Vigo dos toxos’, ademais do ‘Gaudeamus Igitur’, que servirá de peche
deste emotivo acto conmemorativo.

Detalles

Fecha:
4 de diciembre, 2023
Hora:
11:30
Categoría del Evento: