Coloquio “Francisco Fernández del Riego, un lugués universal”
«O Club Cultural Valle-Inclán celebra as Letras Galegas de 2023, dedicadas pola Real Academia Galega ao laurentino Francisco Fernández del Riego.
Este xoves, día 26 de outubro, desenvolverase o coloquio “Francisco Fernández del Riego, un lugués universal” no que actuarán de relatoras Malores Villanueva Xesteira e Patricia Arias Chachero, especialistas no estudo, análise e divulgación da vida e da obra de Fernández del Riego.
Profesoras de secundaria da asignatura de Lingua e Literatura Galega, escritoras e investigadoras de recoñecido prestixio no eido cultural de Galicia.
Celebrarase no Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere, ás 19:30 horas.
A entrada é libre. Invitamos a asistir a cantas persoas estén interesadas no tema.
Completamos a celebración coa edición dun marcador de libros, que repartiremos entre os asisentes.»
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte