miércoles, julio 6, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de AMORANTE 

23 de julio, 2021 - 20:30

Concerto de AMORANTE dentro do ciclo Experimenta

Venres 23 de xullo – 20:30h. Xardíns do Pazo de San Marcos:

AMORANTE (Elgóibar, Euskadi – artista multiinstrumentista)

Artista multiinstrumentista vasco, cunha voz desgarradora que por momentos semella Camarón cantando en euskera (ten cancións instrumentais, outras en euskera, algunha en castelán), mistura música popular dende un punto de vista contemporáneo, cun dos mellores directos, actualmente, do país.

Entre Rodrigo Amarante, músico brasileiro, e Enrique Morente, cantaor flamenco, brota a semente de Amorante. O artista de Elgóibar levaranos o vindeiro venres 23 de xullo, de paseo improvisado polos xardíns do Pazo de San Marcos desde o ancestral ao moderno ou do moderno ao ancestral, cun repertorio de música popular, respetando as tradicións, pero coas ferramentas da tecnoloxía máis moderna. Entre os instrumentos que lle escoitaremos tocar están a guitarra, o armonium, o ukele, o campano ou a trompeta e con eles experimentará en confabulación co público, como actor participante da súa obra, xogando tamén cos loops e sintetizadores.

Auguramos un concerto espectacular e sorprendente, pois da copla poderemos pasar á cumbia, o trap ou o afrofunk, nun despregue vocal que nos abrirá a nos tamén a boca. Abriremos tamén as orellas para captar as súas letras, algunhas delas en euskera, o que agradecemos porque trátase tamén, de que a lingua empregada no espectáculo sexa parte lenzo que pinta o artista.

 

ENTRADAS gratuítas:
Cada persoa poderá reservar UNHA entrada para CADA evento (son catro espectáculos independentes ao longo dos tres días de programación).
O aforo é reducido, debido ás circunstancias sociosanitarias actuais, polo que as reservas faránse por orde de recepción dos emails.
Bastará con enviar un email (por cada evento e por persoa) a info@teleclube.com cos seguintes datos:
RESERVA PARA:
Artista/ Data/Horario (por exemplo: Los Sara Fontán, sábado 24 ás 13h)
Nome e apelidos da persoa interesada: Pepiña López
Email: pepiña@rocanrol.com
Teléfono: 6********
E así por cada evento que se queira reservar, ata os catro, se queredes asistir ao ciclo completo.
Unha vez chegue a hora de inicio de cada evento (20:30 o xoves e o venres; 12h e 13h, o sábado), se a persoa que reservou non acode, a súa entrada quedará liberada para quen estea en reserva, á agarde de acceso.

Detalles

Fecha:
23 de julio, 2021
Hora:
20:30
Categoría del Evento:
X