Concerto de piano de Laura Ballestrino
O ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, incluído na programación organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, comeza este curso académico coa actuación de Laura Ballestrino ao piano.
O concerto será o venres 1 de decembro ás 20.30 horas, na Casa do Saber do campus de Lugo, e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
A artista madrileña comezou a tocar o piano á temperá idade de 5 anos e actualmente é unha das grandes promesas da música en España. Foi galardoada en prestixiosos concursos nacionais e internacionais.
Realizou xiras e ofreceu concertos por toda España. A súa carreira musical tamén se desenvolve no estranxeiro.
A súa traxectoria como intérprete clásico únese á súa faceta como compositora. Hoxe en día traballa como a compositora e produtora da banda sonora orixinal do videoxogo Archaelund. Ademais, compón e interpreta música orixinal para piano en estilo de jazz-fusión, sendo unha característica dos seus concertos incluír composicións propias no programa.
«A música é o motor esencial da miña vida. É a miña vocación, a miña paixón, o meu refuxio, a miña enerxía, o meu traballo e o meu tempo libre. Non podería imaxinarme doutra maneira.», explica a artista.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte