Venres, día 15 de marzo, Salón de Actos de O Vello Cárcere, ás 19:30 horas.
Por Armando Requeixo Cuba, crítico literario, investigador e catedrático de Lingua Galega e Literatura
Esta intervención abordará os principais socalcos biográficos e intelectuais de Luísa Villalta, ao tempo que achegará panorámicas do seu amplo e poliédrico labor como poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, tradutora e música, contextualizando todo este intenso quefacer no seu tempo e nas relacións literarias mantidas con outros escritores e persoeiros dos que foi coetánea.
Rematará o acto coa lectura de textos de Luísa Villalta por un grupo de coñecidos escritores de Lugo e achegados ao conferenciante.
Organiza: CC Valle Inclán
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte