Cuarteto de saxofóns Synthèse Quartet
Synthèse Quartet, cuarteto de saxofóns, actuará no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, incluído na programación organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, o luns 11 de decembro ás 20.30 horas, na Casa do Saber do campus de Lugo, e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Ao longo de toda a súa historia o cuarteto tivo varias ramas que foron enriquecendo o repertorio da formación ata a actualidade. Os tres piares fundamentais nos que se sustenta a literatura da agrupación son: as obras orixinais influenciadas pola tradición clásica francesa, as pezas de nova creación e a transcrición.
O cuarteto nace en 2017 e compóñeno Javier Valero Aladrén, saxofón soprano, Ángela Romera Tutor, saxofón alto, Ismael Arroyo Blázquez, saxofón tenor, e Raúl Flox Prado, saxofón barítono.
Durante os seus cinco anos de traxectoria, foi galardoado con máis de quince premios. Actuaron en grandes salas nacionais e tamén ofreceron a súa música de maneira internacional.
A súa paixón pola música e a búsqueda de máis literatura escrita para a formación de cuarteto de saxofóns lévaos a realizar 4 estreas no año 2021. A máis recente é ‘Sic mundus creatus est’, unha obra encargada ao xove e recoñecido compositor bilbaíno David Cantalejo Gómez, a cal está actualmente publicada pola editorial “Dash Editions”.
Ademais de membros de Synthèse Quartet, son embaixadores das recoñecidas marcas Vandoren Paris, JLV Sound Paris e Instrumentomanía.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte