15.7 C
Lugo
Mié, 3 Jul 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

ADIADO – ADIADO Danza – «Donas»

10 de diciembre, 2023 - 20:30

ADIADO ADIADO Danza – «Donas»

Cali Danza

Domingo, 10 de decembro de 2023 20:30 hs.

Lugar:
Auditorio Gustavo Freire.

Publico:
Adulto.

Sinopse:

Donas é unha poesía corporeizada, unha alegoría aos aspectos femininos da existencia encarnados no corpo da muller, un camiño en feminino que recolle as voces ancestrais e as ilumina no presente.

Fala de facernos capitanas das nosas vidas, da ciclicidade, da vida e da morte, de sexualidade, de fondas feridas interxeracionais, de manifestos, de loita, de sororidade e de amor, sobre todo de amor.

É unha creación sostida pola trascendencia, que navega polo simbólico dando voz aos ecos do subconsciente feminino. Donas é unha obra circular, próxima ao trance que envolve ao espectador, creando un clima emocional aberto a todo o espazo máis aló do marco escénico e de todas as barreiras.

“Pareceremos as mesmas pero todo será distinto…”

Ficha Técnica:

  • Elenco bailarinas: María Ferrer Garau, Irma López de Gamarra Lorenzo, María Pichín Rodríguez, Carla Mosteiro Campos, Aroa Pérez Alonso, Iria Rivas Fernández, Marina Rojas Valladolid, Amparo Silva Rodríguez, Ariadna Vázquez Cabana.
  • Dirección e Coreografía: Alba Felpete Facal en colaboración coas bailarinas.
  • Asistencia coreográfica: Sabela Adalid Carracedo.
  • Música: Iain Armstrong.
  • Iluminación: Alumnas de Escenografía da EASD Ramón Falcón, coordina: Eva Valle Legido.
  • Vestiario: Cali danza e Entre Hilo & Tela.
  • Son e Iluminación: Escóitame Producións.
  • Deseño imaxe gráfica: Mesías.

ENTRADAS

Detalles

Fecha:
10 de diciembre, 2023
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05