19.3 C
Lugo
Sáb, 27 Jul 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

De Ninghures en concerto

24 de noviembre, 2023 - 20:00

De Ninghures en concerto

A Capela de Santa María acolle o venres, 24 de novembro, ás 20 horas o concerto da banda De Ninghures, na que presentan o seu novo traballo.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa a presentación de “Morena”, un single con sons de rumba, que cantan á festa e tende pontes coas sonoridades árabes, nunha composición que se achega á electrónica.

Este concerto, que agora acolle Lugo, está dentro do programa Xuntos polo Serán 2023 da área de Cultura.

De Ninghures está formado por sete integrantes naturais de distintas localidades do país, como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.

A pandeireta e a gaita mestúrase cos sons do violín e a frauta travesa, que se conxuran nos concertos para contaxiar enerxía e facer descubrir a música deste grupo.

A banda publicou en 2022 o seu primeiro álbum, “Aquí”, con raíces de Galicia e claras influencias de músicas da Península, América Latina ou o Magreb. Un traballo lanzado grazas ao micromecenado impulsado pola agrupación.

Detalles

Fecha:
24 de noviembre, 2023
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Sala de exposicións da Capela de Santa María
Ronda da Muralla, 140
Lugo, Lugo 27004
+ Google Map
Teléfono
982 21 00 66
Ver la web del Local