Día Mundial da Poesía – Conferencia de Claudio Rodríguez Fer
O poeta Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela, pronunciará unha conferencia este xoves 21, Día Mundial da Poesía, ás 12 da mañá, sobre “Luz Pozo Garza: poeta, libre, erótica e mística” no Instituto Ánxel Fole de Lugo, no que el mesmo exerceu como catedrático nos anos oitenta.
Esta conferencia enmárcase nas III Xornadas de Igualdade organizadas por dito centro.
Claudio Rodríguez Fer e Luz Pozo Garza colaboraron en numerosas iniciativas conxuntas e ambos escribiron sobre as súas obras poéticas mutuamente. Ademais, Claudio Rodríguez Fer publicou, en colaboración con Carmen Blanco, o álbum “Arte epistolar” de Luz Pozo Garza na web de “Unión Libre. Cadernos de vida e culturas”, reportaxe composto por decenas de cartas, mensaxes, debuxos, fotografías e textos literarios, enviados durante décadas pola poeta a ditos escritores lucenses.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte