10.4 C
Lugo
Jue, 10 Oct 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Documental «O médico dos pobres»

14 de octubre, 2023 - 19:30

Documental «O médico dos pobres»

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza un ciclo de proxeccións do documental “O médico dos pobres”, sobre o médico e alcalde republicano do Incio Manuel Díaz González, coñecido como «O pequeniño do Incio», asasinado polos falanxistas en 1936.

O audiovisual, dirixido por Federico Rioboo e promovido pola asociación A Memoria é Naúfraga, proxectarase en Lugo, Bóveda, Quiroga, Taboada, Chantada, Sarria, Samos, A Pobra do Brollón e Monforte, en colaboración con concellos e asociacións culturais das distintas localidades.

A estrea será este sábado 14 de outubro no Vello Cárcere (19:30 horas) e domingo 15  proxectarase no Auditorio Municipal de Bóveda (18.00 horas). Nese concello, nunha casa de Xullán, na parroquia de Toimil, recuperada por A Memoria é Naúfraga como centro cultural e de memoria, refuxiouse Manuel Díaz antes de ser apresado e fusilado en setembro de 1936.

Co ciclo de proxeccións, que conta coa colaboración de concellos e asociacions culturais das diferentes localidades, a  Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a difusión e a  viabilidade da produción, que contribúe á documentación da represión e ao recoñecemento das vítimas do franquismo.

Próximas datas

Quiroga. 24 de novembro
Taboada. 25 de novembro
O Incio. 26 de novembro
Chantada. 1 de decembro
Sarrria.  2 de decembro

Detalles

Fecha:
14 de octubre, 2023
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95