16.1 C
Lugo
Dom, 19 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Documental «Salvaxe, salvaxe»

29 de octubre - 19:30

Documental «Salvaxe, salvaxe»

Salón de Actos da Casa do Saber
Emilio Fonseca Martín
España, 2024
Documental | Vida rural. cans/Lobos
86 min
Premios

Festival de Málaga (2024): Biznaga de Prata ao Mellor Documental.

Play-doc Festival: Mellor Film galego.    

Festival de Cine Documental Alcances: Mención Especial do Xurado.

Ourense Film Festival (OUFF 29): Mellor dirección. 

Another Way Film Festival: Premio do Público á Mellor Película (sección Impacto).

Festival Internacional de Cine en Guadalajara: Premio de Cine Socioambiental – Mención Honorífica.

Sinopse:
«Cheiras iso?» A cámara entra nos montes de Galicia e do norte de Portugal entre murmurios. Para tecer os sinais que deixa a vida salvaxe hai que agudizar os sentidos.
Estas imaxes afástanse da representación de pureza virxinal asociada ás paisaxes naturais do noroeste da Península Ibérica. Son conscientes do intenso modelado da acción humana.
Ser unha criatura salvaxe aquí é ser salvaxe asediado. SALVAXE, SALVAXE rastrexa imaxes e ausencias do lobo ibérico xunto a un equipo de investigación universitario. Atravesa unha historia relacional cargada de mitoloxía popular, sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes-simulacro do natural salvaxe.

SALVAXE, SALVAXE busca resignificar as imaxes da natureza e cuestionar a relación entre humanos e non humanos. Un exercicio fílmico que se achega ao silvestre sen suplantalo, co desexo de descubrir a súa existencia e sen necesidade de representalo, revelando tanto as imaxes de ausencia como as de encontros (con lobos).

SALVAXE, SALVAXE é un anti-documental de natureza: nel aparecen lobos que devolven a mirada á cámara aterrorizados e humanos que saben ouvear. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.

Detalles

Fecha:
29 de octubre
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map