3.3 C
Lugo
Dom, 28 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Encontro «A pornificación da cultura na actualidade»

4 de abril - 19:30

Encontro «A pornificación da cultura na actualidade»
04.04.2024 | 19.30h-20.30h

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría – Cafetería (Rúa Benigno Ledo, 27002)

O segundo evento do ciclo ‘Encontros de Lúa Chea’ de 2024 aborda o fenómeno social da colonización pornográfica e o seu impacto na infancia e nas familias

Os Encontros de Lúa Chea, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído este ano na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, ofrece o xoves 4 de abril ás 19.30 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, un foro de debate ao redor de ‘A pornificación da cultura na actualidade’.

Nas últimas décadas é evidente que unha serie de imaxinarios, tradicionalmente vinculados á pornografía, estanse incorporando a outras manifestacións culturais. Abonda con mirar atentamente (ou simplemente con mirar) para a moda, o cine, a publicidade, a música, o deporte, os videoxogos… para atoparse perfectamente naturalizadas situacións, estéticas, imaxes, posturas… que non hai moito tempo se consideraban propias da pornografía.

Este fenómeno coñécese como pornificación cultural e está provocando que o pornográfico colonice e se naturalice en novos ámbitos das nosas vidas e relacións, e que o sexo se vexa cada vez máis coa mirada da pornografía, unha mirada patriarcal baseada en cousificar e deshumanizar as mulleres.

É neste punto cando se desvelan as implicacións políticas deste fenómeno, que opera como unha ferramenta para manter estruturas de poder, perpetuar as desigualdades de xénero na sociedade e a violencia sexual contra as mulleres.

Para falar deste fenómeno estarán:

  • Lorena Añón, profesora da USC especializada en estudos feministas e de xénero
  • Noa Lombao, estudante da USC, que estuda como o fenómeno afecta a socialización da infancia e a mocidade
  • Sofía Pérez, educadora social en Aliad Ultreia

Nas súas intervencións, describirán o concepto, e como impacta na infancia, na adolescencia e nas familias. E abrirán o debate para que todo o público asistente poida preguntar, opinar ou expoñer as súas experiencias.

Detalles

Fecha:
4 de abril
Hora:
19:30
Categoría del Evento: