17.7 C
Lugo
Sáb, 23 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Encontro «Agricultura e sustentabilidade: vellos e novos camiños»

29 de febrero - 19:30

Encontro «Agricultura e sustentabilidade: vellos e novos camiños»

Comeza a décima edición de Encontros de Lúa Chea

29.02.2024 | 19.30h-20.30h

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría / Cafetería / Lugo

Os Encontros de Lúa Chea, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído este ano na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, ofrece o xoves 29 de febreiro, a partir das 19.30 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, un foro de debate ao redor da ‘Agricultura e sustentabilidade: vellos e novos camiños’.

As actividades agrarias e gandeiras levan asociadas un conxunto de prácticas que supoñen o manexo e a modificación directa e indirecta do medio en que se desenvolven.  Ao longo do tempo (e do espazo) cambian as prácticas, cambian as características e a conformación dos espazos agrarios e gandeiros e cambian tamén as interaccións que se establecen co exterior deles.

Nesta nova sesión de debate falarase de sustentabilidade, de todo o que implica, e falarase de produción agraria (e gandeira), e dos camiños que as unen.

Para iso contarase coa presenza de dous labregos que falarán do camiño que levan percorrido e do manexo que fan na actualidade nas súas explotacións.

  • Aitor Lata, fundou canda seu irmán ‘Labrecos‘, unha cooperativa de traballo asociado que se dedica á produción de horta e granxa ecolóxica, cun enfoque rexenerativo e circular, que intenta completar o proceso produtivo sen recorrer a fertilizantes nin a insumos externos.
  • Víctor Boga xestiona ‘Millo e Landras‘, unha granxa ecolóxica con produción hortícola e gandeira que diversifica tamén a súa actividade cara ao voluntariado e a formación.

Detalles

Fecha:
29 de febrero
Hora:
19:30
Categoría del Evento: