3.2 C
Lugo
Lun, 29 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Encontro con «1nome»

1 de marzo - 20:30

Encontro con «1nome»

«O vindeiro venres 1 ás 20.30h temos un encontro con 1nome para escoitar e sumerxirnos no seu universo sonoro e poético. Gravacions de campo convertidas en samples, voces deformadas, estiradas e repetidas, superpostas á voz en vivo para construir atmósferas crepusculares son os ingredientes que tomarán Leira durante o seu recital.

Como o aforo é limitado non olvides reservar a túa entrada en leirahaus@gmail.com ou por DM.

O proxecto de 1nome nace da converxencia de dúas verteduras fragmentadas en atmosferas musicais e versos que funcionan como o socorro dunha interxección entre a tarde dun sistema e a tarde dun capital.

As texturas musicais e os textos poéticos se enredan nunha das tantas e tantas e tantas marxes onde a poesía e a música teñen un e outro e outro e outro encontro. A proxección sonora unhas veces trata de afastarse do ritmo musical para cinguirse a un ritmo poético, e outras veces é a poética a que trata de cinguirse á música, a través da deformación e modificación do son como chan e apoio sobre o que recitar os versos.

1nome está formado por Suxés e Paco Persoa.»

Detalles

Fecha:
1 de marzo
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Leira Haus
Praza do Campo 1 bis
Lugo, 27001
+ Google Map
Ver la web del Local