Ensaio aberto – Quinteto con clarinete de Mozart
Dirixido por Lorenzo Coppola
Conservatorio de Música Xoán Montes de Lugo
Martes, 20 de febreiro (de 16:00h a 19:30h) – Acceso libre.
O vindeiro 9 de marzo teremos na Sociedad Filarmónica de Lugo un concerto co gañador do Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira 2023, Gerald D. Vázquez Fernández (clarinete), que xunto ao Quinteto Filharmónica interpretará o
Quinteto con clarinete de W. A. Mozart.
Previo a ese concerto, este martes día 20 pódese asistir a un “Ensaio aberto ao público” dirixido por Lorenzo Coppola, prestixioso especialista en clarinete histórico. Será no Conservatorio Xoán Montes, entre as 16:00 e as 19:30h e con acceso libre.Poderase acceder libremente durante todo o tempo e interactuar e facer preguntas ao director e aos músicos.
Lorenzo Coppola naceu en Roma e estudou clarinete histórico baixo a dirección de Eric Hoeprich o Real Conservatorio da Haia.
Despois de mudarse a París en 1991, comezou a actuar con variedade de conxuntos especializados en instrumentos históricos, como Freiburg Barockorchester, Les Arts Florissants, La Petite Bande, La Grande Ecurie e a Chambre du Roy.
Comparte o seu amor pola música de cámara con instrumentistas como Andreas Staier, Isabelle Faust, Alexander Melnikov, Teunis van der Zwart, Hidemi Suzuki, Kuijken Quartet, Ensemble Zefiro e Quatuor Terpsycordes, con os que adoita traballar.
Co Ensemble Dialoghi explora un amplo repertorio musical de cámara, con especial atención á comunicación co público. É profesor de clarinete histórico en Escola Superior de Música de Catalunya en Barcelona desde 2004.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte