8.2 C
Lugo
Mié, 15 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ensaio aberto – Quinteto con clarinete de Mozart

20 de febrero - 16:00

Ensaio aberto – Quinteto con clarinete de Mozart

Dirixido por Lorenzo Coppola

Conservatorio de Música Xoán Montes de Lugo

Martes,  20 de febreiro (de 16:00h a 19:30h) – Acceso libre.

O vindeiro 9 de marzo teremos na Sociedad Filarmónica de Lugo un concerto co gañador do Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira 2023, Gerald D. Vázquez Fernández (clarinete), que xunto ao Quinteto Filharmónica interpretará o

Quinteto con clarinete de W. A. Mozart.

Previo a ese concerto, este martes día 20 pódese asistir a un “Ensaio aberto ao público” dirixido por Lorenzo Coppola, prestixioso especialista en clarinete histórico. Será no Conservatorio Xoán Montes, entre as 16:00 e as 19:30h e con acceso libre.Poderase acceder libremente durante todo o tempo e interactuar e facer preguntas ao director e aos músicos.

Lorenzo Coppola naceu en Roma e estudou clarinete histórico baixo a dirección de Eric Hoeprich o Real Conservatorio da Haia.

Despois de mudarse a París en 1991, comezou a actuar con variedade de conxuntos especializados en instrumentos históricos, como Freiburg Barockorchester, Les Arts Florissants, La Petite Bande, La Grande Ecurie e a Chambre du Roy.

Comparte o seu amor pola música de cámara con instrumentistas como Andreas Staier, Isabelle Faust, Alexander Melnikov, Teunis van der Zwart, Hidemi Suzuki, Kuijken Quartet, Ensemble Zefiro e Quatuor Terpsycordes, con os que adoita traballar.

Co Ensemble Dialoghi explora un amplo repertorio musical de cámara, con especial atención á comunicación co público. É profesor de clarinete histórico en Escola Superior de Música de Catalunya en Barcelona desde 2004.

Detalles

Fecha:
20 de febrero
Hora:
16:00
Categoría del Evento: